Activo financeiro

Activo financeiro é un título ou sinxelamente unha anotación contable, pola que o comprador do título adquire o dereito a recibir un ingreso futuro de parte do vendedor.[1]

Os activos financeiros son emitidos polas unidades económicas de gasto e constitúen un medio de manter riqueza para quen os posúen e un pasivo para quen os xeran. A diferenza dos activos reais, non contribúen a incrementar a riqueza xeral dun país, xa que non se contabilizan no Produto interior bruto dun país, pero si contribúen e facilitan a mobilización dos recursos reais da economía, contribuíndo ó crecemento real da riqueza.[1]

O empréstito que realiza un aforrador a unha empresa é un activo financeiro, neste caso a empresa é a vendedora do activo e o aforrador, o comprador que espera recibir unha corrente de ingresos no futuro. Entre as principais categorías de activos financeiros atópanse os empréstitos, as accións, os bonos e os depósitos bancarios.

  1. 1,0 1,1 Cuervo, Alvaro (2008). Manual del sistema financiero español. Ariel. ISBN 9788434445536. 

Developed by StudentB